Friday 03 de May de 2024

O Concello de Miño estrea o primeiro roteiro contra a violencia de xénero ‘Que non che pille ou machismo!’


Do 20 ao 30 de novembro permanecerán instalados por todo o municipio diferentes pancartas con mitos e falsos argumentos sobre esta secuela social que supón a violencia machista.

O Concello de Miño estrea hoxe o primeiro roteiro contra a violencia de xénero ‘Que non che pille ou machismo!’, unha iniciativa municipal enmarcada dentro dos diferentes actos que levarán a cabo para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Do 20 ao 30 de novembro permanecerán instalados en diferentes puntos de todas as parroquias do municipio unha serie de pancartas nas que se inclúen datos, mitos e falsos argumentos sobre esta secuela social que supón a violencia machista, co obxectivo de concienciar e sensibilizar á cidadanía.
O mapa coas diferentes localizacións destas pancartas está incorporado ao cartel da campaña e, os que queiran participar nesta iniciativa, deberán sacarsae unha foto en cada punto do roteiro, subila a Facebook ou Instagram cos hashtag # ConcelloDeMino, # QueNonChePilleOMachismo, # AMinNonMePillaOMachismo e #25 N e etiquetar aos perfís oficiais do Concello nestas redes sociais:
@ concellomino en Facebook e @ concellodemino en Instagram. As dúas primeiras persoas que completen o roteiro e suban todas as fotografías terán un premio.